Katame waza
Katame-waza (en xaponés: 固め技) é o termo que designa nas artes marciais do Xapón as técnicas dirixidas a limitar os movementos do opoñente, inmobilizalo ou sometelo a control extremo, de forma que non ofreza máis perigo de ataque.[1][2]
O grupo de técnicas do Katame-waza subdivídise en osae-komi-waza (técnicas de inmovilización), shime-waza (técnicas de estrangulamento) e kansetsu-waza (técnicas de luxación).[3]
Judo
[editar | editar a fonte]O grupo de técnicas do Katame-waza do Kodokan inclúe actualmente 10 técnicas osae-komi-waza (inmovilización), 12 técnicas shime-waza (estrangulamento) e 10 técnicas kansetsu-waza (luxación),[4] aínda que orixinalmente só eran 7 as técnicas de inmovilización propostas por Jigoro Kano.
Osae-komi-waza (10 técnicas)
[editar | editar a fonte]Nas técnicas de inmovilización, o opoñente (Uke) inmovilizase dende arriba, fixando as súas costas contra o tatami, e normalmente mirando cara ao judoka que executa a acción (Tori). O obxectivo destas técnicas é manter de maneira continuada o control do opoñente, de tal maneira que non poida liberarse durante un tempo determinado. Na competición actual, este tempo é de 20 segundos.
Uke acadará romper o control cando agarre o corpo ou pernas de Tori coas súas pernas, ou cando o ángulo entre as súas costas e o chan sexa maior de 90 graos.
O Kodokan actualmente recoñece as seguintes técnicas como osae-komi-waza[4]:
- (Hon-)Kesa-gatame
- Kuzure-kesa-gatame
- Ushiro-kesa-gatame
- Kata-gatame
- Kami-shiho-gatame
- Kuzure-kami-shiho-gatame
- Yoko-shiho-gatame
- Tate-shiho-gatame
- Uki-gatame
- Ura-gatame
Shime-waza (12 técnicas)
[editar | editar a fonte]Nas técnicas de estrangulamento, Tori emprega as súas mans, brazos ou pernas ao redor do pescozo ou nas solapas do judogi de Uke, para aplicar unha presión controlada sobre a súa traquea ou nas súas arterias carótidas.
O Kodokan recoñeze as seguintes técnicas como shime-waza[4]:
- Nami-juji-jime
- Gyaku-juji-jime
- Kata-juji-jime
- Hadaka-jime
- Okuri-eri-jime
- Kataha-jime
- Katate-jime
- Ryote-jime
- Sode-guruma-jime
- Tsukkomi-jime
- Sankaku-jime
- Do-jime, técnica prohibida na competición.
Kansetsu-waza (10 técnicas)
[editar | editar a fonte]As técnicas de luxación están dirixidas as articulacións de opoñente, sendo estas retorcidas, estricadas ou pregadas, empreando para iso as mans, brazos ou pernas.
O Kodokan recoñeze as seguintes técnicas como kansetsu-waza[4]:
- Ude-garami
- Ude-hishigi-juji-gatame
- Ude-hishigi-ude-gatame
- Ude-hishigi-hiza-gatame
- Ude-hishigi-waki-gatame
- Ude-hishigi-hara-gatame
- Ude-hishigi-ashi-gatame
- Ude-hishigi-te-gatame
- Ude-hishigi-sankaku-gatame
- Ashi-garami, técnica prohibida na competición.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Arus, Emeric (2012). CRC Press, ed. Biomechanics of Human Motion: Applications in the Martial Arts (en inglés). p. 277.
- ↑ Murat, Richard (2005). Atlantic Publishers, ed. Karate For Beginners And Advanced (en inglés). p. 69.
- ↑ Kano, Jigoro (1986). Kodansha International, ed. Kodokan Judo (en inglés). Xapón. p. 55. ISBN 978-1-56836-539-8.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Kodokan Judo Institute (ed.). "Names of Judo Techniques". Consultado o 19 de novembro de 2017.